|
Quenes Somos |
|
|
 O Noso Anagrama A Sociedade Gastronómica, Cultural, Deportiva e Xuvenil Lar de Unta, é unha asociación con sede en Betanzos (Galiza) e que, segundo se recolle nos seus estatutos, ten os seguintes fins:
- Dar a coñecer a riqueza e variedade da gastronomía galega.
- A promoción da literatura galega, música, folclore, etc., a través da organización de actividades diversas. O idioma a usar en todas as comunicacións internas ou externas, así como na súa propaganda será o galego.
- A promoción deportiva a través da organización de actividades varias.
- Facilitar a participación da xuventude nas demais actividades propias da asociación.
- Constituírse como lugar de encontro e debate dos seus asociados e da cidadanía en xeral.
- Facilitar a formación dos seus asociados polo medios ao seu alcance.
- En xeral, realizar calquera tipo de actividade lícita ao servizo dos seus asociados e da comunidade.
O noso local social está situado en Rúa da Pescadería, 3; na zona vella da vila de Betanzos, como mostra do seu compromiso pola recuperación desta parte da cidade.
|
|
|