| Samaín e magosto |
|
|
| Como xa ven sendo tradicional para a AGDCX Lar de Unta, o vindeiro 31 de outubro celebraremos o Samaín. A festa principiará cun obradoiro de calaveiras de melóns desde as cinco da tarde no local social, ao que están convidados todos os nenos e nenas de Betanzos, que deberán achegarse provistos da súa cabaza para baleirar e facer a caveira. Ao rematar o baleirado e decoración dos melóns serviremos unha merenda para todas e todos os participantes, e cando caia a noitiña faremos unha procesión con todas as caveiras polo Casco Vello, acompañados do son da gaita. Ao remate celebraremos un magosto popular aberto a toda a cidadanía, con castañas, chourizos e viño, diante do noso local social. As consumicións do bar serán a prezos populares. |





