Novas
Samaín e magosto PDF Imprimir
Como xa ven sendo tradicional para a AGDCX Lar de Unta, o vindeiro 31 de outubro celebraremos o Samaín. A festa principiará cun obradoiro de calaveiras de melóns desde as cinco da tarde no local social, ao que están convidados todos os nenos e nenas de Betanzos, que deberán achegarse provistos da súa cabaza para baleirar e facer a caveira. Ao rematar o baleirado e decoración dos melóns serviremos unha merenda para todas e todos os participantes, e cando caia a noitiña faremos unha procesión con todas as caveiras polo Casco Vello, acompañados do son da gaita. Ao remate celebraremos un magosto popular aberto a toda a cidadanía, con castañas, chourizos e viño, diante do noso local social. As consumicións do bar serán a prezos populares.
 
Magosto no Lar de Unta, Betanzos PDF Imprimir

castañas e magosto no Lar de UntaA A.X.C.G.D. LAR DE UNTA comunica que o día 3 de novembro de 2007, vai realizar, como todos os anos, un magosto popular na Rúa Pescadería  aberto a todos aqueles veciños da nosa vila que se queiran achegar.

 Pecharemos a rúa e haberá viño e castañas gratis para todos a partires das 21:00 horas.

 Ademais teremos aberto o bar para todos aqueles que queiran outras cousas.

Ler máis...
 
Nova programación para o inverno de 2007 PDF Imprimir

cogumelos ào bosque
¿Onde estan os cogumelos?
Aprobouse a nova programación para o inverno de 2007. A relación completa de actividades podedes vela no calendario que temos na nosa páxina.

  Faremos unha saída aos cogumelos o día 27 de outubro e ao día seguinte os degustaremos. Nesta ocasión nos achegaremos á lagoíña de Codesido.

Ler máis...
 
RocketTheme Joomla Templates