Novo equipo e novos retos PDF Imprimir
Desde a última Asemblea Xeral a AGDCX Lar de Unta conta cunha nova Xunta Directiva. Despois da Feira Franca Medieval, que se pechou cun resultado satisfactoriamente positivo tendo presente o contexto de crise económica e os resultados obtidos por moitos outros postos, a Directiva púxose a confeccionar o calendario de actividades para este outono e inverno. Aínda que o groso da programación podes consultalo nos acordos da Directiva, na programación inclúense gastronomía (cogumelos, xantar de Nadal), festas tradicionais (magosto e samaín), cinema, medio ambiente, excursións... Os detalles máis actualizados, como sempre están ao teu dispor na nosa sede social da rúa da Pescadería. Estamos aprendendo tamén a cerellar no web, así que se esta tempada ves algo extrano non te asustes. Pasa e ponde cómod@!
 
RocketTheme Joomla Templates