Nova programación de outono e inverno 09

Entre as actividades hai un cineforum, o tradicional magosto e samaín, dúas saídas aos cogumelos e os acostumados Xantar de Nadal e Guateque de Aninovo. No calendario podes consultar os detalles, mais lembra que a información máis actualizada a terás no local.

 
Estatutos Capítulo I : PDF Imprimir

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º.- 1.-Procédese a adaptar os Estatutos da Asociación denominada Asociación Gastronómica, Cultural e Deportiva Fonte de Unta, con nº de no Rexistro Central/Provincial de Asociacións sen ánimo de lucro 369/00 e C.I.F. 15758733, que pasará a denominarse Sociedade Gastronómica, Cultural, Deportiva e Xuvenil Lar de Unta.

2.-A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e pola demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.- Son fins principais da Asociación:

  1.  Dar a coñecer a riqueza e variedade da gastronomía galega.
  2. A promoción da literatura galega, música, folclore, etc., a través da organización de actividades diversas. O idioma a usar en todas as comunicacións internas ou externas, así como na súa propaganda será o galego.
  3. A promoción deportiva a través da organización de actividades varias.
  4. Facilitar a participación da xuventude nas demais actividades propias da asociación.
  5. Constituírse como lugar de encontro e debate dos seus asociados e da cidadanía en xeral.
  6. Facilitar a formación dos seus asociados polo medios ao seu alcance.
  7. En xeral, realizar calquera tipo de actividade lícita ao servizo dos seus asociados e da comunidade.

 Artigo 3º.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar cantas actividade considere adecuadas para o cumprimento dos fins antes expostos:

 Artigo 4º.- O domicilio principal[1] e permanente da Asociación radicará na localidade de Betanzos, rúa de Pescadería, nº 3. C.P. 15300 teléfono -----, apdo. de correos ------, correo electrónico,-------

Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado do Rexistro de Asociacións. Para os efectos de comunicacións e notificacións sinálanse como preferentes as seguintes direccións:

Domicilio: Pescadería, 3, localidade Betanzos, C.P15300.

Artigo 5º.-  A Asociación en funcións dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 6º.-  A duración desta Asociación é de carácter indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos na lexislación vixente.

 

Feira Medieval Betanzos

videos da feira medieval de betanzos 2007Videos da Feira Medieval de Betanzos no ano 2007, emitidos en vivo pola camara web do exterior e interior da asociación.

Son algo mais de 8 horas.

Fotos de Betanzos

Galeria de Fotos sobre Betanzos, actividades da asociación e da Feira medieval de Betanzos ..... dende o ano 2001

Proximos Eventos

feira medieval de BetanzosCalendario de actividades e reunions da asociación.

Vai ser actualizado dentro de pouco, volve pronto para estar mellor informado das futuras reunios,asambleas,actividades e saidas da asociación.

Ultima Hora

Novo equipo e novos retos
Desde a última Asemblea Xeral a AGDCX Lar de Unta conta cunha nova Xunta Directiva. Despois da Feira Franca Medieval, que se pechou cun resultado satisfactoriamente positivo tendo presente o contexto de crise económica e os resultados obtidos por moitos outros postos, a Directiva púxose a confeccionar o calendario de actividades para este outono e inverno.
Ler máis...
 

Revista Poxigo

poxigo revista

Patrocina

RocketTheme Joomla Templates