Nova programación de outono e inverno 09 PDF Imprimir

Entre as actividades hai un cineforum, o tradicional magosto e samaín, dúas saídas aos cogumelos e os acostumados Xantar de Nadal e Guateque de Aninovo. No calendario podes consultar os detalles, mais lembra que a información máis actualizada a terás no local.

A Directiva ven de aprobar e comunicar a todos os asociados e asociadas o calendario de actividades para este outono e inverno. As actividades comezan cunha saída aos cogumelos o vindeiro domingo 11 de outubro. O lugar de saída será, un ano máis, o bar Vázquez da rúa de Saavedra Meneses. Tras unha xornada no monte á procura de cogumelos, se a sorte acompaña os cearemos no local. A saída repetirase o próximo sábado 7 de novembro. Nesta ocasión ademais visitaremos uns muíños.

O 24 e 25 de outubro terá lugar unha excursión de dous días a Luarca (Asturias). Para asistir hai que comunicar asistencia ao vogal de deportes e aboar as cotas, que serán de 15 euros para adultos e 5 para nenos. O 31 de outubro celebraremos o Samaín cun obradoiro de calaveiras de melóns desde as cinco da tarde no local, e tras unha procesión pagá polo Casco Vello celebraremos un magosto popular, con castañas, chourizos e viño. Novembro rematará co visionado e posterior coloquio sobre Sicko, de Michael Moore, que proxectaremos o 14 de novembro desde as seis da tarde.

O Nadal festexarémolo co tradicional xantar de confraternidade o día 20, estando convidados todos os socios e socias e pecharemos 2009 e recibiremos o 2010 co Guateque de Aninovo, con cotillón e barra libre para socios, socias e amizades por 15€. Cómpre que vaias confirmando asistencia!

 
RocketTheme Joomla Templates