Directiva dende o día 12-01-2004 PDF Imprimir

Directiva do 13-09-2004

Suvencións: Dáse conta da justificación da subvención da Xunta de normalización lingúística e da concesión (aínda non oficial) de subvención para a revista e para amaño do local da deputación provincial.

A proposta de Bieito acórdase propor aos socios que se fice un día ao mes para os nenos.

Dáse conta de dúas novas altas.

Directiva do día 09-08-2004:

Convócase asemblea xeral extraordinaria para o 03-10-2004. Ver convocatoria en http://club.telepolis.com/lardeunta/calendario.htm

Directiva do día 14-06-2004:

Concrétanse determinados aspectos da feira medieval.
Dánse da alta de 3 novos socios.

Directiva do día 10-05-2004:

acordouse seguir os trámites para organizar un cursiño de enmaquetación
Acordouse que nas páxinas de Yoba se publiquen, na medida das posibilidades, as noticias de Betanzos que aparezan nos xornais electrónicos de La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e La Opinión., debéndose, en opinión da directiva citar a fonte das mesmas, non se vendo ningún problema para facelo por ser noticias abertas.

  Convocatoria de asemblea xeral.

 A continuación e por unanimidade dos asistentes acórdase convocar asemblea xeral ordinaria a celebrar o vindeiro día 28 de maio coa seguinte orde do día:

 -Contas 2003

-Proxectos a realizar pola sociedade no 2004

-Feira medieval

-Rogos e preguntas.

 Gastos do globo A continuación dáse conta dos gastos ocasionados pola actividade do cursiño do globo de Betanzos e que ascenden a un total de 24 euros. Apróbanse por unanimidade da directiva.
Comisión da feira medieval

A directiva da feira medieval convoca aos socios que queiran participar nos traballos de preparación do local a que asistan os sábados a a partir das 5 horas da tarde.

Directiva do día 05-04-2004

Acordouse a cesión de uso do local para exposición de videos
Acórdase concretar o obradoiro de globos de papel para o día 17 de abril.
Acórdase solicitar unha subvención á Xunta de Galiza para actividaes culturais (marcadores de libros, exposición, préstamo de libros, revista e cantar de cego).

Directiva do día 15-03-2004

Acordouse que a partir da data se expoñan as actas da directiva no taboleiro de edictos

Directiva do día 23-02-2004
Acordouse solicitar as seguintes subvencións: Á Deputación para pequenos investimentos. Á Xunta de Galiza para normalización lingüística. Á Deputación para cesión de uso de material. Á Deputación para o programa de música, actuación no Samaín.
Dánse da alta de 2 novos socios.
Crease a comisión da feira medieval
Acórdase estudiar un programa de préstamo de libros.
Acórdase facer uns marcadores para libros como publicidade da sociedade e para ir anunciando unha futura exposición.

Directiva do día 12-01-2004

: Dáse conta dun novo enderezo eléctronico (no que se encontra esta páxina).
Xustificación de subvencións: Déixase pendente a xustificación da subvención da revista do ano 2003. Apróbanse os xustificantes da subvención do concello.

 
RocketTheme Joomla Templates