Nova programación de outono e inverno 09

Entre as actividades hai un cineforum, o tradicional magosto e samaín, dúas saídas aos cogumelos e os acostumados Xantar de Nadal e Guateque de Aninovo. No calendario podes consultar os detalles, mais lembra que a información máis actualizada a terás no local.

 
Samaín e magosto
Como xa ven sendo tradicional para a AGDCX Lar de Unta, o vindeiro 31 de outubro celebraremos o Samaín. A festa principiará cun obradoiro de calaveiras de melóns desde as cinco da tarde no local social, ao que están convidados todos os nenos e nenas de Betanzos, que deberán achegarse provistos da súa cabaza para baleirar e facer a caveira. Ao rematar o baleirado e decoración dos melóns serviremos unha merenda para todas e todos os participantes, e cando caia a noitiña faremos unha procesión con todas as caveiras polo Casco Vello, acompañados do son da gaita. Ao remate celebraremos un magosto popular aberto a toda a cidadanía, con castañas, chourizos e viño, diante do noso local social. As consumicións do bar serán a prezos populares.
 

Feira Medieval Betanzos

videos da feira medieval de betanzos 2007Videos da Feira Medieval de Betanzos no ano 2007, emitidos en vivo pola camara web do exterior e interior da asociación.

Son algo mais de 8 horas.

Fotos de Betanzos

Galeria de Fotos sobre Betanzos, actividades da asociación e da Feira medieval de Betanzos ..... dende o ano 2001

Proximos Eventos

feira medieval de BetanzosCalendario de actividades e reunions da asociación.

Vai ser actualizado dentro de pouco, volve pronto para estar mellor informado das futuras reunios,asambleas,actividades e saidas da asociación.

Ultima Hora

Novo equipo e novos retos
Desde a última Asemblea Xeral a AGDCX Lar de Unta conta cunha nova Xunta Directiva. Despois da Feira Franca Medieval, que se pechou cun resultado satisfactoriamente positivo tendo presente o contexto de crise económica e os resultados obtidos por moitos outros postos, a Directiva púxose a confeccionar o calendario de actividades para este outono e inverno.
Ler máis...
 

Revista Poxigo

poxigo revista

Patrocina

RocketTheme Joomla Templates